Os alumnos/as de 5ºEP realizaron un vídeo para os Bos Días no que traballaron á convivencia.
Coa
axuda dos mestres, recompilaron situacións do colexio nas que se pode
mellorar a nosa actitude, como poden ser as reaccións nos xogos ou o
trato co alumnado novo.
A
elaboración do vídeo foi unha ferramenta que tivo moitos beneficios.
Destacamos o feito de que alumnos dunha clase de Primaria servisen como
modelos de condutas de boa convivencia.
Por
outra banda, eles mesmos se fixeron conscientes de todas as veces en
que non cumprían coas normas para ter un bo ambiente no grupo. Ademais
do aprendido, o vídeo está feito con moito gusto e cun punto artístico
moi atractivo.
Podémolo ver no blog de Primaria ou neste enlace: Video de convivencia realizado por 5º EP