PLANTEXAMENTO DA COMISIÓN DE CONVIVENCIA
O enfoque da convivencia no
centro ten unha visión constructiva e positiva, polo que as actuacións van
encamiñadas ao desenvolvemento de comportamentos axeitados para convivir mellor
e resolver conflictos, a través da participación, duns bos cauces de
comunicación e da prevención de problemas de conduta. Para elo elaboráronse
unhas regras de boa convivencia e unha normativa, que deben regular o
funcionamento do colexio.
A resposta educativa do equipo
directivo e do profesorado do centro é a de promover actitude de participación
do alumnado e a través dos cauces que ofrece o regulamento de réxime interno
(R.R.I.) e o proxecto educativo do centro mediante o diálogo, o respecto e a
comunicación para solucionar calquera conflicto. Igualmente, preténdese
potenciar a mellora da convivencia.
Non queremos limitar a convivencia
a elementos organizativos, senón tamén, e sobre todo, desenvolver contidos que
contribúan á formación do alumnado. Entendemos a convivencia e a participación
como parte da aprendizaxe. Non consideramos a convivencia como unha mera
aplicación de medidas disciplinarias senón como un dos obxectivos da educación.
Para conseguir unha boa convivencia no centro e para lograr un clima
participativo e democrático é necesario potenciar estas condutas. Para iso
foméntase a participación na asemblea de
clase, da elección de delegado e/ou subdelegado en representación do grupo, da
participación no Consello Escolar, etc. Ademais, pretendemos desenvolver no
alumnado unha serie de valores e habilidades de comunicación e relación social.
Aínda que exista unha boa
xestión global da convivencia, os problemas aparecerán porque son propios de
calquera sistema de relacións humanas, pero a prevención contribúe a reducilos.
As actitudes que haberá que
fomentar e a organización do centro en materia de convivencia deberán basearse
nas normas de convivencia, que se procurarán revisar e actualizar cada curso
escolar.
Abordarase ao longo do curso
calquera incidencia que altere a convivencia no centro tanto co alumnado
implicado como coa súa familia, se procede.
Propoñémonos fomentar os
valores democráticos para a convivencia: a tolerancia, a igualdade, a xustiza,
a aceptación da diversidade, a resolución de conflitos de forma pacífica e non
violenta, etc., en tódalas etapas educativas.
a) Dinamizar todos os
sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas no
procedemento de elaboración, desenvolvemento, seguimento e revisión do Plan de
convivencia do centro.
b) Adoptar as medidas
preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros da
comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro.
c) Impulsar accións
dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de actitudes para
garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os
membros da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos.
d) Propoñer ao Consello
Escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a convivencia, así
como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións
desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.
e) Propoñer, de ser o caso,
ao director do centro persoas que poidan formar parte do equipo de mediación.
f) Coñecer o cumprimento
efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos que foran impostas e
informar ao Consello Escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente.
g) Realizar o seguimento
dos compromisos de convivencia subscritos no centro.
h) Elaborar unha memoria
anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, no que se
reflictan as iniciativas a nivel centro sobre a materia. Este informe será
trasladado ao Consello Escolar do centro e ao correspondente servizo
territorial de inspección educativa.
k) Aquelas outras que lle sexan
encomendadas polo Consello Escolar do centro docente ou polo órgano da
administración educativa con competencias na materia.
5. Cando a Comisión de
convivencia o considere oportuno, e co obxecto de que informen no ámbito das
súas respectivas competencias, poderá solicitar o asesoramento dos profesionais
do Departamento de Orientación que interveñen no centro, do profesorado titor
relacionado co tema que se analice, do educador ou educadora social do concello
onde se atope o centro educativo ou doutros profesionais segundo a problemática
de que se trate, así como das asociacións do sector que poidan colaborar na
mellora da convivencia.