Durante as festas de Don Bosco repartimos os premios dos concursos aos gañadores dos debuxos e redaccións.
Destacamos
o xesto que algúns compañeiros tiveron coas súas clases xa que, unha
vez recibiron o seu premio, compartíronno co resto facendo unha merenda
en común.
Son
de resaltar estes xestos que xorden espontaneamente entre os rapaces e
que cremos que son unha mostra das boas relacións que existen entre eles
e que forman parte dun estilo baseado na xenerosidade, no acompañamento
e na vida en grupo.