Fuente: http://avidadanosaclase.blogspot.com.es/ |
Os cursos de 6ºEP estudamos o desenvolvemento dos seres humanos. A partir de todo o aprendido na clase elaboramos uns traballos con fotos sobre a historia das nosas vidas.
Nestres traballos atopamos os feitos máis importantes e entrañables dende o noso nacemento ata o día de hoxe: bautismo, primeiro día de escola, actividades infantís, a primeira comuñón. Ademais podemos atopar anécdotas que os nosos pais e avós compartiron con nós sobre cando eramos pequenos.
Esta actividade é moi enriquecedora xa que nos axuda a coñecer parte da nosa vida da que non temos conciencia. Por outra banda, falamos cos nosos pais e recordar todos eses momentos é unha oportunidade para revivir acontecementos importantes da familia.